Tuesday 21 de May de 2024

Comeza a impartición do nivel A1 de lingua de signos na Pobra


Neste 15 de febreiro iniciouse a impartición do nivel A1 de lingua de signos promovido pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, que conta con aproximadamente 60 persoas participantes entre as dúas quendas existentes (mañá e tarde).

A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), achegouse ata a aula multiúsos da Casa da Mocidade para sauda-lo alumnado que recibe as clases, por parte da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, ós luns e ós mércores, ata o día 22 de maio.

Abordaranse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.